x
Servizi

Entra o registrati:

Artisti Fan
Negozio

The Lákazans regresa para quedarse. Dous anos tardaron en entrar de novo no estudio para plasmar o seu terceiro traballo discográfico que non fai máis que consolidar o seu talento compositivo. En ‘Sandwina’ Sabela King, Benja Vázquez e Almudena Gómez, volven tomar as rendas das melodías e as letras nun disco co máis puro son característico da banda, que abre o seu espectro blues todavía máis aínda á música americana, resolvendo con incríble facilidade en rockabillies, countries, souls e swings que non deixarán indiferente a ninguén.

Sandwina é un disco de intencións, capitaneado pola muller máis forte do mundo. Nel, preténdese debuxar ó redor da figura de Kate Brumbwach, unha vienesa do século XIX adicada ao mundo do circo, a importancia do empoderamento real da muller. É a muller a que compón todas as letras de ‘Sandwina’ e a que leva o fio narrativo do disco, confrontando sentimentos de dor e adversidade con afouteza e poder. É a muller, por partida doble, quen lidera la banda e quen lle otorga o seu rasgo distintivo e é por esto, que chegou Sandwina e ocupou a súa portada dun xeito natural, como símbolo de recoñecemento ante unha realidade para The Lákazans. 

Gravado en Pouland Studios, baixo a atenta mirada de Iago Pico que co-produxo este disco xunto con Fran Velo e Benjamín Vázquez, Sandwina é un compendio de 12 temas que satisfará ós seus siareiros máis fieles, pero que también abrirá camiño cara novos públicos, sorprendendo a todo aquel que o escoite. Se por algo se caracteriza este disco é por non deixarse arrolar no acomodamento da fórmula de éxito que xa manexaba a banda. E este é o motivo polo que atopamos temas valentes e arriscados como o maxistral ‘300 pounds of legend’ que abre o disco sen contemplacións e remata cunha improvisación xurdida na propia gravación que deixa unha testemuña vital para a historia do noso blues máis recente.

Sacado baixo o selo de dotbeat! o disco sae á venda, tanto en formato físico como en dixital, o día 8 de xaneiro. Estará acompañado dunha xira de presentación extensa que da comezo o próximo 8 de febreiro na Sala Capitol de Compostela e que os levará por Vigo, Ferrol, Coruña, Melide, Boiro, entre outros, e que culminará coa súa participación no Festival Blues Vila do Conde. 

 

Genere: Alternative  Rock 
Product - The Lákazans - Sandwina
 
€12,00 EUR
Sandwina

The Lákazans

Venditore: The Lákazans
Product - The Lákazans - Homegrown
 
€10,00 EUR
Homegrown

The Lákazans

Venditore: The Lákazans
Non ci sono prossimi concerti!
Data Città
{{futureConcert.mobileDate}} {{futureConcert.city}}
Non ci sono concerti passati!
Data Città
{{pastConcert.mobileDate}} {{pastConcert.city}}